O Goberno aprobou en Consello de Ministros o novo real decreto de bolsas para o curso 2024-2025, onde se inclúen as bolsas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
Entre as novidades que afectan a este colectivo, a rebaixa da porcentaxe de discapacidade do 33 % ao 25 % para poder optar a estas axudas de estudo, a elevación dos limiares de renda para acceder ás bolsas ou o incremento dalgunha partida.
Ademais, mantense a axuda adicional e universal de 400 euros introducida o ano pasado. Tras a aprobación, o prazo de apertura para presentar as solicitudes á convocatoria xeral de bolsas, tanto nas etapas universitarias como non universitarias, abrirase o próximo mes de marzo, mentres que a das bolsas de necesidades especiais será no mes de maio.
Quen pode acceder ás bolsas de necesidades especiais
Poderán acceder á convocatoria de axudas e subsidios para alumnado con especiais necesidades de apoio educativo ao alumnado que cursen algúns dos seguintes niveis:
• Segundo ciclo de Educación Infantil.
• Educación Primaria.
• Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
• Bacharelato.
•Ciclos formativos de Grao Medio e de Grao Superior
• Ensinos Artísticos superiores.
•Ciclos formativos de Grao Básico.
•Programas de formación para a transición á vida adulta.
• Formación Profesional.
Ademais de cursar algún destes estudos, teñen que cumprir algunha destas características:
• Unha discapacidade recoñecida de polo menos un 25%.
• Un trastorno grave da comunicación e a linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
• Trastorno grave de conduta.
• Estar dentro do trastorno de espectro autista (TEA).
• Altas capacidades intelectuais.
A rebaixa no grao de discapacidade esixible na convocatoria NEAE ao 25% espérase que incremente en 20.000 o número de concesións, o que elevaría os/as beneficiarios/as destas bolsas ata uns 250.000.
Que contías e conceptos establécense nas bolsas de necesidades especiais?
• Elévase de 913 a 1.000 a contía por axuda para reeducación pedagóxica.
• Axuda de ensino: ata 862
• Axuda ou subsidio de transporte escolar: ata 617
• Axuda ou subsidio de comedor escolar: ata 574
• Axuda de residencia escolar: ata 1.795
• Axuda para transporte de fin de semana: ata 442
• Axuda para transporte urbano: ata 308
• Axuda para material escolar: ata 105 (ou ata 204 en ‘outros niveis educativos)
• Axuda para reeducación pedagóxica: ata 1.000
• Axuda para reeducación da linguaxe: ata 913
• Subsidio para gastos adicionais de carácter xeral asociados á escolarización: 400
As contías establecidas para as axudas ou subsidios de transporte incrementaranse ata nun 50 por cento cando o alumnado presente unha discapacidade motora recoñecida superior ao 65 por cento.
Ademais, non se concederán as axudas arriba expostas nin os subsidios para gastos de comedor escolar ou transporte escolar cando os gastos aos que atenden estean xa cubertos por outros servizos ou fondos públicos.
No nivel de Educación Infantil non se concederán axudas para material escolar.
Nivel de renda para acceder ás bolsas de necesidades especiais
Tras varios anos conxelados, este ano o limiar de renda familiar que hai que ter para poder acceder ás bolsas de necesidades especiais subiu un 5%. Tras esta subida, os limiares quedan da seguinte forma:
• Familias dun membro: 12.534 euros anuais
• Familias de dous membros: 20.416 euros anuais
• Familias de tres membros: 26.811 euros anuais
• Familias de catro membros: 31.801 euros anuais
• Familias de cinco membros: 36.089 euros anuais
• Familias de seis membros: 40.229 euros anuais
• Familias de sete membros: 44.143 euros anuais
• Familias de oito membros: 48.031 anuais
• A partir do oitavo membro engadiranse 3.856 euros por cada novo membro computable da familia.
Non se terá en conta o limiar de renda no caso dos subsidios que atenden aos gastos de comedor e transporte escolar se o alumno pertence a unha familia numerosa.
Tampouco se atenderá ao limiar de renda familiar para conceder o subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo.
Espérase que o incremento dos limiares de renda na convocatoria NEAE incremente o número de solicitudes en 7.875.
O prazo está aberto desde o 30 de abril e ata o 13 DE SETEMBRO.