FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN DIRIXIDAS A PERSOAS CON TITULACIÓN UNIVERSITARIA PARA REALIZAR PRÁCTICAS EN MATERIA DE POLÍTICAS E PROGRAMAS EUROPEOS NO ÁMBITO DA INNOVACIÓN E A INVESTIGACIÓN

24. 04. 29

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para realizar prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de doce (12) meses.

O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas; tamén se poderán realizar breves períodos formativos nas dependencias da Gain en Santiago de Compostela ou onde se indique.

Poderán optar a obter as bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.

3. Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do devandito título.

Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis (6) anos anteriores ao da publicación da convocatoria.

4. Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.

5. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do obxecto desta bolsa.

6. As persoas solicitantes non poden estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).

7. Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240423/AnuncioG0690-150424-0002_gl.pdf