BOLSAS IBM NO MARCO DE DIGITALIZATEPLUS PARA MELLORAR A FORMACIÓN DIXITAL

24. 05. 27
IBM, en colaboración con SEPE e Fundae, ofrece bolsas para cursar formación certificada por IBM que permite adquirir competencias nas áreas máis demandadas no mercado laboral.
 
Os requisitos para acceder ao programa de bolsas son:
- ser residente en España
- ter máis de 18 anos
- dáse prioridade de participación ás persoas desempregadas.
 
Como son os Itinerarios formativos de IBM? a formación é 100% en liña e práctica; algunhas das formacións contan con sesións titorizadas e ofrécese en español, salvo algún vídeo en inglés con transcrición en español.
Os itinerarios son dinámicos. apréndese de maneira guiada distintas temáticas ata completar o itinerario proposto e a súa duración varía dependendo de cada certificado.
 
Desde aquí podes acceder ás bases de participación no programa de bolsas IBM: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.fundae.es/docs/default-source/trabajadores/bases-de-participaci%C3%B3n-ciencia-de-datos.pdf
 
Certificado Ciencia de Datos
Este certificado consta de 10 cursos, está dispoñible en inglés con subtítulos en español e os exames realizaranse en inglés.
 
A ciencia de datos implica recompilar, limpar, organizar e analizar datos co obxectivo de extraer ideas útiles e predicir os resultados esperados.
 
Para realizar este itinerario non se requiren coñecementos previos de informática nin de linguaxes de programación.
 
Obxectivos
Aprendelas habilidades máis demandadas utilizadas polos científicos de datos profesionais incluíndo bases de datos, visualización de datos, análise estatística, modelado preditivo, algoritmos de aprendizaxe automática e minería de datos.
Tamén traballará coas últimas linguaxes, ferramentas e bibliotecas, incluíndo Python, SQL, Jupyter notebooks, Github, Rstudio, Cuadrillas, Numpy, ScikitLearn, Matplotlib,etc.