BANCO SANTANDER CONVOCA 1500 BOLSA SANTANDER/EVOLUTION PARA IMPULSAR A EMPREGABILDIADE DA MOCIDADE

21. 03. 17

Estas accións formativas pertencen á nova iniciativa de Bolsas Santander Habilidades | Evolution co único obxectivo de facilitar e promover que uns 1.500 mozos/as poidan recibir formación en liña para impulsar a súa empregabilidade fomentando as súas competencias transversais.

Con esta iniciativa búscase loitar contra o paro xuvenil que se viu aumentado debido á pandemia do coronavirus. Polo que se busca mellorar a súa competitividade laboral nun mercado que está a acelerar o proceso de transformación nas novas tecnoloxías.

As bolsas lánzanse a través de convenios con institucións educativas líderes no desenvolvemento das competencias profesionais máis demandadas polas empresas: Massachusetts Institute of Technology ( MIT), London School of Economics ( LSE), University of Pensilvania ( UPenn), IE University e ESADE.

Estas accións formativas teñen unha duración de 5 semanas e poderán beneficiarse un total de 1.500 mozos/as.

Quen poden solicitalas?
Estas bolsas poden solicitalas aqueles/As mozos/as maiores de 18 anos que sexan Estudantes, Graduados/as, Posgraduados/as, Mozo/a Profesional, Profesional experimentado/a e Profesores/as; que vivan en España

Prazo de solicitude.
En canto ao prazo de solicitude, este manterase aberto ata as 23:00 horas do 3 de maio de 2021.

Solicitudes.

Para solicitar estas bolsas debes dirixirche á web https://www.becas-santander.com/es/program/becas-santander-habilidades-evolution-1aedicion e cumprimentar o formulario de rexistro, tras o cal recibirás un email para poder completar o rexistro. Terás que realizar un test de habilidades que avaliará se podes optar a unha destas bolsas.

Máis información.

Se necesitas ampliar a información sobre estas 1.500 Bolsas Santander Habilidades | Evolution para mellorar a empregabilidade dos mozos visita a publicación da convocatoria aquí