CONGRESOS DOS DEPUTADOS CONVOCA 6 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL

24. 10. 07

CORTES XERAIS

Acordo do 17 de setembro de 2024, da Mesa do Congreso dos Deputados, polo que se convocan bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada co Parlamento.

Cada unha das seis bolsas terá unha duración de doce meses. O inicio das mesmas comunicarase ás persoas beneficiarias simultaneamente á notificación da concesión. As bolsas terminarán o 31 de decembro de 2025.

A contía total da bolsa será de dezaoito mil euros (18.000 euros) brutos, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de mil cincocentos euros (1.500 euros) e que estarán suxeitos ás retencións que procedan.

https://www.boe.es/boe/dias/2024/10/07/pdfs/BOE-A-2024-20211.pdf