A Embaixada de Francia en España en colaboración coa Asociación Diálogo, convoca o programa de Bolsas de Excelencia AVENIR - Destino Francia
Requisitos:
Estudantes con residencia en España que van estudar a nivel de educación superior en Francia durante o curso académico 2021/2022, xa sexa no marco dunha mobilidade individual (todo un Grao ou Máster en Francia ou un Doutoramento en co-tutela), dun dobre-diploma franco-español ou dunha mobilidade Erasmus+.
Estas son as agrupacións das entidades financiadoras e o número total de bolsas que ofrece cada unha:
- Embaixada de Francia en España: 21 bolsas convocadas
- Universidades españolas: 20 bolsas convocadas
- Universidades e Institutos de Estudos Políticos: 22 bolsas convocadas
- Escolas de Enxeñería: 11 bolsas convocadas
- Escolas de Negocios e Management: 20 bolsas convocadas
- Grandes Escolas especializadas: 17 bolsas convocadas
- Empresas privadas: 6 bolsas convocadas
O importe de cada Bolsa AVENIR fíxao cada unha das entidades financiadoras.
Prazo: 16 de maio de 2021
https://www.dialogo.es/es/practicas-y-becas/que-son-las-becas-avenir.html