XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE MOBILIDADE, COMPLEMENTARIAS AS ACHEGADAS POLA UNIÓN EUROPEA PARA O ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS

25. 01. 09

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2024/25 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2024/25.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses, nos países que teñen a condición de países do programa. 

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250102/AnuncioG0761-111224-0007_gl.pdf