VALEDOR DO POBO CONVOCA 2 BOLSAS DESTINADAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA, ORGANICA OU SENSORIAL

25. 02. 05

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2025 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial para a formación práctica nesta institución.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:

• Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.

• Ser persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial.

• Posuír un grao universitario ou equivalente.

• Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.

• Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa nesta institución

As persoas beneficiarias da bolsa disporán:

a) Dunha asignación de 17.400 € brutos anuais, que se percibirán logo de finalizado cada mes do prazo da súa duración, a razón de 1.450 € mensuais, suxeitos á retención que legalmente proceda.

b) De protección social mediante a alta no réxime xeral da Seguridade Social, segundo a normativa vixente e dentro dos requisitos e condicións propios deste tipo de bolsas.

c) Dun seguro que inclúa como garantías o falecemento e a invalidez permanente por accidente, que cubra o período de duración da bolsa, cun importe máximo de 300 euros.

 As bolsas terán a duración dun ano, desenvolveranse de forma simultánea e non poderán ser prorrogadas. Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250205/AnuncioG2022-270125-0001_gl.pdf