O prazo de solicitude estará aberto ata o 16 de marzo para mozos/as con titulación universitaria ou grao superior de FP
As características do Programa de Iniciación na Empresa correspondente a 2025 inclúen bolsas remuneradas de 1.100 euros mensuais durante todo o período formativo para as persoas beneficiarias con título universitario ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
A asignación económica será de 1.000 euros para as persoas con grao superior de formación profesional.
As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, desde a data de incorporación prevista o 5 de maio, que se poderá prorrogar durante outro medio ano.
O desenvolvemento do programa formativo poderá ser a distancia, de forma presencial ou alternando ambas as modalidades
Proceso de selección
Entre os requisitos para poder optar ás bolsas figura concluír, antes da data de incorporación, os estudos necesarios para a obtención dun título universitario ou superior de formación profesional.
Poderán tamén presentar as súas candidaturas estudantes que teñan, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar antes da data de incorporación á bolsa.
Tamén son requisitos obrigatorios, entre outros, nacer a partir do 1 de xuño de 1995 e non desempeñar ningún traballo profesional relacionado coa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
O proceso de selección inclúe unha entrevista para avaliar o nivel de adecuación e aptitude das persoas candidatas, que se realizará previsiblemente entre o 24 de marzo e o 4 de abril.
A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2025/1 está dispoñible na páxina web da Fundación SEPI: https://www.fundacionsepi.es/becas/INIC2025/titulaciones.asp