CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 7 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2024/25 (código de procedemento ED322A).
Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) no curso 2024/25 en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser beneficiario no curso 2024/25 da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación cunha mobilidade en países do programa.
c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
O programa de mobilidade para o cal se solicita a axuda será realizado durante o curso académico 2024/25.
As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses.
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250331/AnuncioG0761-110325-0001_gl.pdf