CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500F).
Duración
1. A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.
2. As datas previstas de incorporación e remate recóllense no anexo II, no cal se describen as características principais de cada unha das prazas convocadas. En todo caso, respectarase a data de remate.
Persoas beneficiarias
Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación, e que cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250516/AnuncioG0766-060525-0001_gl.pdf