CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA 11 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

25. 08. 13

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.

Os proxectos concretos inclúense no anexo I á presente orde e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, aos que se lles aplicarán os descontos e retencións legais vixentes, incluída a cotización á Seguridade Social, que correspondan.

Duración

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2025 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2027. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250812/AnuncioG0766-300725-0001_gl.pdf