Resolución do 8 de abril de 2021, da Deputación provincial da Coruña,referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 14, do 22 de xaneiro de 2021, e no número 48, do 12 de marzo de 2021, publicáronse integramente as
bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de Técnico/a de Administración Xeral, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica, mediante o sistema de oposición, en quenda
libre.
Tres prazas de Técnico/a de Xestión de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Xestión, mediante o sistema de concurso- oposición, en quenda libre.
Dez prazas de Administrativo/a de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de oposición, en quenda libre, con reserva dunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Dúas prazas de Auxiliar Administrativo/a de Administración Xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
Tres prazas de Subalterno/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, con reserva dunha das prazas para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Doce prazas de Educador/a infantil, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de Auxiliar Técnico de Vías e Obras, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Unha praza de Celador/a,pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase de Labores Especiais, mediante o sistema
de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».

https://www.boe.es/boe/dias/2021/04/15/pdfs/BOE-A-2021-6012.pdf