CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (códigos de procedemento PR410A e PR410B).
Subescalas:
a) Secretaría-intervención.
b) Secretaría categoría de entrada.
c) Intervención-tesouraría categoría de entrada.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260603/AnuncioG0759-020626-5_gl.pdf

