CONVOCATORIA DAS BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA O NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS DO GRUPO C, SUBGRUPO C1
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Oitava desta convocatoria, durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054559

