CONVOCATORIA DAS BASES REGULADORAS PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA POLA QUENDA LIBRE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE PERSOAL FUNCIONARIO/A DE CARREIRA DO GRUPO A, SUBGRUPO A2, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA TÉCNICA

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https:// lalin.sedeelectrónica .gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Sétima desta convocatoria, durante o prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054566