CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.

O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de quince (15) prazas do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2026, á cal se acumulan as derivadas da oferta de 2024, segundo se detalla: – Oferta de emprego público do exercicio 2024, aprobada polo Decreto 198/2024, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro): cinco (5) prazas. – Oferta de emprego público do exercicio 2026, aprobada polo Decreto 35/2026, do 27 de abril (DOG núm. 85, do 8 de maio): dez (10) prazas. Resérvanse tres (3) prazas para seren cubertas pola quenda de discapacidade. Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260710/AnuncioG0597-030726-0004_gl.pdf