O obxecto da convocatoria é a concesión de cinco bolsas de formación práctica para graduados, diplomados, licenciados, enxeñeiros técnicos ou superiores, ou titulacións equivalentes nas materias e especialidades relacionadas coas funcións da Secretaria Xeral de Pesca, nas seguintes áreas de coñecemento:

4 bolsas na área de recursos pesqueiro
1 bolsa na área de economía financeira
A finalidade das bolsas é contribuír á formación práctica en materias de pesca e economía financeira.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación do presente extracto no Boletín Oficial do Estado (BOE núm 108 de seis de maio de 2021)

https://www.boe.es/boe/dias/2021/05/06/pdfs/BOE-B-2021-22102.pdf