Seleccionarase o seguinte persoal: 1 xefe de brigada, 1 peón-condutor, 3 peóns de brigada e 3 condutores de vehículo motobomba.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentaranse xunto coa documentación establecida nas bases no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Toda a documentación da presente convocatoria pode consultarse no taboleiro web da Sede Electrónica do Concello de Poio con acceso https://concellopoio.sedelectronica.gal/.
A atención para dúbidas será a través de medios electrónicos no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/05/19/2021026443