Axencia Galega da Calidade Alimentaria
RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a
contratación temporal de persoal investigador e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2021 (código de procedemento MR325A).

Para o cumprimento das súas funcións, a Agacal conta con distintos organismos públicos de investigación (OPI) e estacións experimentais, nomeadamente:
▪ Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo, A Coruña)-CIAM.
• Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón, Lugo).
• Estación Experimental de Gandaría de Montaña do Marco da Curra (Monfero, A Coruña).
• Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Salceda de Caselas, Pontevedra).
▪ Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIFL).
▪ Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)-Evega.
• Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Ribadumia, Pontevedra).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210521/AnuncioG0528-070521-0001_gl.pdf