Consellería de Facenda e Administración Pública
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de
xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir vinte e seis (26) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, a que se acumulan as provenientes da oferta de 2018, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2018, aprobada polo Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro): cinco (5) prazas de acceso libre e trece (13) do proceso de estabilización, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2019, aprobada polo Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril): oito (8) do proceso de estabilización, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210618/AnuncioG0597-010621-0004_gl.pdf