O obxecto das presentes bases é a provisión en propiedade dunha praza de funcionario/a de carreira, polo sistema de oposición libre, vacante no cadro de persoal do Concello da Estrada do ano 2021 incluída na oferta de emprego público do ano 2021, publicación oficial no DOG Nº 55 do 23 de marzo de 2021, dun posto de Oficial Electricista. A devandita praza está integrada no grupo C, subgrupo C2 e está clasificada no Cadro de Persoal do Concello da Estrada na Escala de Administración Especial, Subescala Servicios Especiais, dotadas do soldo correspondente ao seu grupo, e o nivel de complemento de destino e cantidade asignada como específico.

O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello (Praza da Constitución nº1, 36680 A Estrada), de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello da Estrada https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/06/29/2021033999