O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante o sistema de concurso - oposición, dun posto de Técnico/a de Turismo en réxime laboral temporal.
A finalidade é, a realización de labores propias dunha oficina de información ao turista, con destino na oficina de información turística da Estrada, consonte á subvención concedida por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento dos custos de dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo INFO RÍAS BAIXAS (BOPPO n.º 10 do 10.02.2021).
Condicións.
Duración do contrato: 6 meses
As condicións serán as establecidas no convenio aplicable, o Convenio colectivo do Concello da Estrada. Fíxase unha retribución bruta de 1.110,30 € brutos mensuais (inclúe as pagas extraordinarias). O tipo do contrato será o de obra ou servizo determinado de acordo co establecido no artigo 15.1 a do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e polo RD 2720/1998 de 18 de decembro polo que se desenvolve o artigo 15 do ET en materia de contratos de duración determinada.
Pazo de presentación: do 6 ao 12 de xullo de 2021