Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal médico de hospitalización a domicilio no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Poderán inscribirse nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal licenciado sanitario, na categoría de médico/a de hospitalización a domicilio, as persoas interesadas que, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes que se indica na base cuarta.

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución ata o 3 de setembro de 2021, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de xuño de 2021 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210708/AnuncioG0003-280621-0001_gl.pdf