É obxecto da presente convocatoria a selección dun/ha técnico/a de administración xeral funcionario/a interino/a, grupo A1 para a execución do programa de carácter temporal “A ESTRADA CAMIÑA HACIA EUROPA” , encamiñado a poñer en valor os fondos que proveñen da Unión Europea, e que, previsiblemente, serán a principal fonte de financiación das Administracións nos vindeiros anos.
As retribucións brutas anuais serán as asimiladas a un funcionario A1, de nivel 26 e ascenderán a 34.403,04 €uros.
Prazo de presentación: dez días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
BOP: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/07/13/2021036296