1.774 prazas de Oposición libre para cubrir prazas na Escola Nacional de Policía, da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía.

Convoca a Dirección Xeral da Policía.

Requisitos das persoas solicitantes.
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.
c) Non ser condenada por delito doloso, nin separada do servizo do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin acharse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.
d) Non acharse incluída en ningunha das causas de exclusión física ou psíquica que impidan ou menoscaben a capacidade funcional ou operativa necesaria para o desempeño das tarefas propias da Policía Nacional.
e) Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas, que se prestará a través de declaración da persoa solicitante.
f) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.
g) Estar en posesión do permiso de condución da clase B.
h) Estar en posesión do título de Bacharel ou equivalente, ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de solicitude: ata o 27 de setembro.

Máis información:
BOE 06/09/21: https://lnkd.in/dZdX6U8j
Portal Policía: https://lnkd.in/dYyJMMuc