Resolución do 23 de setembro de 2021, do Concello de Carballo (A Coruña), referente á convocatoria para prover unha praza.
 
No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 163, do 27 de agosto de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover: Unha praza de Técnico de Normalización Lingüística, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».