CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2018, 2020 E 2021 (CL2021J)

1.—Unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2018).

2.—Unha praza de técnico/a de Deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

3.—Unha praza de técnico/a auxiliar documentalista audiovisual, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

4.—Dúas prazas de delineante, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertadas no ano 2019).

5.—Unha praza de condutor/a operador/a de maquinaria agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

6.—Tres postos de traballo de auxiliar de atención ao público do Museo, clasificados no grupo C2, por oposición libre (ofertadas no ano 2021).

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/10/15/2021050976