MINISTERIO DO INTERIOR
Resolución do 11 de outubro de 2021, da Subsecretaría, pola que se convoca proceso selectivo para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino do Corpo de Enfermeiros de Institucións Penais.
Convócase proceso selectivo coa finalidade de confeccionar unha relación de candidatos do Corpo de Enfermeiros de Institucións Penais –Código 0911– para atender futuros nomeamentos de persoal funcionario interino, para facer fronte a situacións de exceso ou acumulación de tarefas, segundo o establecido no artigo 10.1.d) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/10/15/pdfs/BOE-A-2021-16721.pdf