Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 5 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (códigos de procedemento PR461B e PR461D)

O obxecto do proceso selectivo é cubrir 29 prazas dos corpos de policía local, categoría de policía, por quenda de oposición libre, e 3 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.

As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211022/AnuncioG0595-131021-0002_gl.pdf