Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario en determinados corpos, escalas ou especialidades de persoas integrantes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes.
Como resultado da funcionarización procédese a elaborar listas únicas de contratación temporal.
As persoas integrantes das listas de contratación temporal de PERSOAL LABORAL de categorías profesionais funcionarizadas interesadas en incluírse en listas en xestión de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes, deberán presentar solicitude para a súa inclusión nelas, e resultarán admitidas sempre que cumpran os requisitos legais para o acceso ao corpo, escala ou especialidade correspondente.
Entre outros requisitos que deberán posuír as persoas solicitantes:
◾Idade: ter feitos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
◾Figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que se solicita a inclusión en listas.
Solicitudes:
◾ As persoas interesadas en formar parte das listas únicas deberán presentar instancia, que se presentará, preferentemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG do 30 de xullo) (código procedemento AP522U), accesible, así mesmo, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
◾Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de presentación: ata o 18 de novembro de 2021.
Máis información:
🌐DOG 18/10/21: https://lnkd.in/dwSNXaAd
🌐Sede electrónica (código procedemento AP522U ): https://lnkd.in/d4ihq337