No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 176, do 15 de setembro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Técnico/a Administración Xeral de Intervención, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnico/a Administración Xeral de Contratación e Persoal, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Tres prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Seis prazas de Administrativo, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».