O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles que comezará ao día seguinte da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), e se formalizará mediante instancia xeral dirixida ao Alcalde-Presidente.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na sede electrónica municipal (https://concelloasneves.sedelectronica.gal), e cando proceda segundo a normativa vixente, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/02/2021053068