Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir prazas da escala auxiliar, con requisito de idioma, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario.

Convócanse probas selectivas para cubrir oito (8) prazas na escala auxiliar da USC, con requisito de idioma, subgrupo C2, pola quenda de acceso libre.

As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo.

O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211108/AnuncioG2018-261021-0001_gl.pdf