Funcións dos postos.
As persoas seleccionadas realizarán as tarefas na aula como axudantes de prácticas de conversación en alemán, chinés, francés, inglés, italiano, portugués ou ruso baixo a dirección dun/a profesor/a titor/a.

Persoas beneficiarias.
Cidadáns estranxeiros con titulación universitaria ou cursando o último ou penúltimo curso universitario en 2020-2021, con nacionalidade ou residencia permanente en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Canadá, China, Dinamarca, Estados Unidos, Federación de Rusia, Filipinas, Finlandia, Francia, Hungría, India, Irlanda, Italia, Malta, Marrocos, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Países de Oceanía ( Fiyi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, Singapura, Suecia, Suíza e Tunes, ou calquera outro país co que poida formalizarse un Convenio Bilateral de Cooperación Cultural, Científica e Técnica ou Memorando de Educación durante o prazo da presente convocatoria.

Dotación económica.
Ofrecerase unha dotación económica individual que será por un importe máximo de 5.600 euros por curso académico, máis os gastos de seguro médico e curso de formación inicial.

Prazo de solicitude.
En canto ao prazo de presentación de solicitude, leste será entre o 27 de xaneiro e o 6 de abril de 2021, ambos inclusive.

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/541321