Resolución do 4 de novembro de 2021, da Deputación Provincial de Pontevedra, referente á convocatoria para prover unha praza. No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 199, do 15 de outubro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover: Unha praza de Técnico/a de deportes, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Media, Subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».