No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 207, do 27 de outubro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover mediante o sistema de oposición, en quenda libre:
 
Unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior, Subgrupo A1.
 
Unha praza de Técnico/a de deportes, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Media, Subgrupo A2.
 
Unha praza de Técnico/a auxiliar documentalista audiovisual, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar, Subgrupo C1.
 
Dúas prazas de Delineante, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Auxiliar, Subgrupo C1.
 
Unha praza de Condutor/a operador/a de maquinaria agrícola, pertencente á escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase de Persoal de Oficios, Subgrupo C2.
 
Dous postos de Auxiliar de atención ao público do Museo, pertencentes ao Subgrupo C2. Un posto de Auxiliar de atención ao público do Museo, pertencente ao Subgrupo
C2, reservada a persoas con discapacidade.