Resolución do 8 de xaneiro de 2021, do Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas.

No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 211, do 2 de novembro de 2020, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

  • Unha praza de Técnico/a de Xestión, pertencente á escala da Administración Xeral, Subgrupo A2, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
  • Unha praza de Técnico/a de Cultura, pertencente á escala da Administración Especial, subescala Técnica, clase Media, Subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2021/01/18/pdfs/BOE-A-2021-730.pdf