Universidade de Santiago de Compostela
RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 pola que se convocan probas selectivas para cubrir prazas da escala técnica superior de administración, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal funcionario.
Convócanse probas selectivas para cubrir catro (4) prazas na escala técnica superior de administración da USC, con requisito de idioma, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre.
As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo.
O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211210/AnuncioG2018-251121-0001_gl.pdf