No «Boletín oficial da provincia da Coruña», número 239, do 17 de decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover: Unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».