Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
En aplicación dos citados decretos, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade acorda anunciar as seguintes convocatorias e correspondentes bases:
– Convocatoria do procedemento selectivo para acceso ao corpo de inspectores de educación.
– Convocatoria do procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.
– Convocatoria de procedemento selectivo para ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.
– Convocatoria de procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño.
– Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ao corpos de mestres.
– Convocatoria do procedemento para a adquisición de novas especialidades no corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño, e mestres.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220131/AnuncioG0598-260122-0003_gl.pdf