Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).

Convócase o proceso de formación de bolsas de traballo para desempeñar interinamente os postos de persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial nos órganos da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).

Requisitos específicos:

a) Titulación. Deberá posuír, ou estar en condicións de obter, a titulación que se exixiu na última convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de carreira ao corpo de que se trate: – Para o corpo de xestión procesual e administrativa: título de grao, diplomatura universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou equivalente. – Para o corpo de tramitación procesual e administrativa: título de bacharelato ou titulación equivalente. – Para o corpo de auxilio xudicial: título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou titulación equivalente.

b) Para a inclusión nos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa, deberase acreditar a experiencia na utilización do procesador de tratamento informatizado de textos.

Ademais, o persoal aspirante que se presente pola cota de reserva de persoas con discapacidade deberá, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ter recoñecida a condición legal de discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, así como acreditar a compatibilidade para o desempeño das funcións correspondentes ao corpo a que se presenten, mediante certificado ou informe expedido para o efecto polo órgano competente. Artigo 4. Prazo e forma de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220208/AnuncioG0595-310122-0001_gl.pdf