No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 17, do 26 de xaneiro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover mediante concurso:
Un posto de Xefatura de Sección, pertencente á escala de Administración Xeral/Especial, Subgrupos A1/A2.
Dous postos de Xefatura de Negociado, pertencentes á escala de Administración Xeral/Especial, Subgrupos A1/A2/ B/ C1.
Un posto de Oficial Maior de Recadación, pertencente á escala de administración Xeral/Especial, Subgrupos A2/ B/ C1.
Dous postos de Oficial 1.ª de Recadación, pertencentes á escala de administración Xeral/Especial, Subgrupos C1/ B.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»