ANUNCIO POLO QUE SE CONVOCAN OS PROCESOS SELECTIVOS E SE DA PUBLICIDADE ÁS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CONCELLO DE PONTEVEDRA INCLUÍDAS NA AMPLIACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2021

1.- A Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución de data 17/02/2022, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes, no Concello de Pontevedra incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2021 que a continuación se sinalan:

Número de vacantes: 2. Denominación: Subalterno, mediante quenda libre.

Número de vacantes: 2 Denominación: Traballador social, mediante quenda libre.

 Número de vacantes: 1. Denominación: Bombeiro-conductor, mediante quenda libre.

 Número de vacantes: 4. Denominación: Oficial Electricista. Das catro prazas convocadas, dúas cubriranse mediante o procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre.

 Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial condutor mecánico, mediante o procedemento de promoción interna.

 Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial xardiñeiro, mediante o procedemento de promoción interna.

 Número de vacantes: 1. Denominación: Oficial de obras, mediante o procedemento de promoción interna.

As instancias dirixiranse ao Excmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Pontevedra, e presentaranse no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/02/25/2022008859