Resolución do 3 de marzo de 2022, do Concello de Moaña (Pontevedra), referente á convocatoria para prover varias prazas.
No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 43, do 3 de marzo de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover mediante o sistema de concurso-oposición:
Unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, clase Superior, en quenda libre.
Dúas prazas de Administrativo/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, unha en quenda libre e unha en quenda de promoción interna.
Unha praza de Auxiliar de Biblioteca, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, en quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»