No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 15, do 23 de xaneiro de 2020, publicouse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Técnico Superior en Enxeñería Informática, pertencente á escala da Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»