O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do Concello de Arzúa (rúa Santiado n.º 2 CP 15810 Arzúa A Coruña), ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Arzúa (https://sede.concellodearzua.com/) ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de 2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, será de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.