CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN/A FUNCIONARIO/A INTERINO/A TÉCNICO/A DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DE VALGA
As solicitudes requirindo tomar parte na correspondente proba de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais que se achegan a este expediente para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de VINTE (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios desta Corporación.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/18/2022013143