Consorcio para a Promoción da Música
Convocatoria pública para a selección e contratación, mediante o sistema de oposición, de persoal músico da Orquestra Sinfónica de Galicia correspondente á praza de Percusión Principal
As instancias para tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os/ as aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse á Sra. Presidenta do Consorcio e presentaranse, debidamente cubertas, no prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña.