- Técnico de prevención de riscos laborais:
• Títulos de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, FP3 ou equivalente.
• Formación especializada en técnico superior prevención riscos laborais, especialidades seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía, psicosocioloxía.
- Técnico de xestión:
• Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, FP3 ou equivalente.
- Axente de Igualdade de oportunidades: estar en posesión de calquera das súas titulacións ou súas equivalencias:
• Diplomado en relacións laborais, diplomado en xestión e administración pública, diplomado en traballo social, diplomado en filoloxía galega, diplomado en filosofía, diplomado en publicidade e relacións públicas, diplomado en periodismo, diplomado en comunicación audiovisual, diplomado en belas artes, diplomado en antropoloxía social e cultural, diplomado en pedagoxía, diplomado en psicopedagoxía, diplomado en educación social, grado rama ciencias sociais e xurídicas, ou grado rama arte e humanidades ou equivalente.
• Formación en xénero ou igualdade de oportunidades.- Estar en posesión de estudos de posgrao/master universitario oficial relacionados coas funcións propias da praza (Planes de Igualdade, Igualdade e/ou Xénero), agás no caso do estar en posesión do grao en Igualdade en cuxo caso non será necesario o posgrao/master.
O sistema de selección para estas bolsas de traballo será o de concurso.
As solicitudes dirixirase á Excma. Alcaldía-Presidente do Concello de Vigo e presentarase no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/29/2022016817